martes, 26 de mayo de 2015

Unha ligazón hispano-británica na época romana: A Legio IX Hispana

Entre as unidades romanas que participaron na conquista e pacificación de Britania e na construción do muro de Hadrián xogou un papel sobranceiro a Legio IX Hispana. Durante moito tempo, a inexistencia de pegadas arqueolóxicas deu pé a lendas sobre a súa desaparición (destrución) a mans dos pobos do norte da illa (pictos, escotos).
Información sobre a historia desta lexión podes atopala en:

A presunta aniquilación da Legio IX Hispana deu orixe a relatos literarios, entre os que destaca a novela xuvenil The Eagle of the Ninth, de Rosemary Sutcliff (1954), na que se baseou o filme A lexión da aguia, dirixida por Kevin Macdonald no ano 2011. Podes ver aquí o seu trailer:


Repaso da XEOGRAFÍA FÍSICA de Europa

EUROPA FISICA: Relevo
EUROPA FÍSICA: Ríos

martes, 12 de mayo de 2015

Mapas históricos: Roma antiga

Evolución territorial da antiga Roma


O Imperio Romano no ano 117
As principais vías romanas (s. II d.C.)

A Britania romana (150 d.C.)

martes, 5 de mayo de 2015

Algúns recursos e ferramentas de utilidade.

Sobre o exército romano, podedes consultar imnformación detellada nestes enderezos:
Interesantes recursos sobre cartografía histórica en:
Sobre a formación dos nomes romanos: http://www.caetra.org/g_cultura_nombres.htm
ou  http://www.imperivm.org/articulos/nombres-romanos.html

Sobre o seu calendario: http://centros5.pntic.mec.es/ies.lucia.de.medrano/CBG/calendario_romano.htm

jueves, 30 de abril de 2015

Avaliación dot traballo: criterios de cualificación

Criterios de avaliación.
-Situar espacial e temporalmente os acontecementos máis importantes da historia de Roma, Hispania e a Gallaecia antigas.
-Distinguir os principais trazos da sociedade, a economía e a organización política romanas.
-Situar temporalmente o comezo e a fin do domino romano en Hispania no marco da evolución global do Imperio.
-Localizar espacialmente os principais pobos prerromanos e describir as relacións que estableceron co Imperio.
-Sintetizar os trazos e compoñentes básicos do proceso de romanización.
Criterios de cualificación: rúbricas.
O proceso de elaboración do proxecto e o produto resultante aportará 2 puntos (o 20%) da cualificación deste terceiro tirmestre. Avaliarase tanto o produto resultante do traballo en grupo como a contribución individual dos seus diferentes compoentes. Xa que logo, cumpirá dispoñer de instrumentos -rúbricas- de avaliación, coavaliación e autoavaliación
  • Rúbrica sobre o contido do traballo (pondera un 40%) 
VALORACIÓN
(Puntaxe)
Deficiente
(1)
Aceptable
(2)
Correcto
(3)
Excelente
(4)
TOTAL
Contido
O contido é minimo e inclúe numerosos erros graves na narración
A narración contén a información esencial pero incorre nalgúns erros
A narración inclúe información básica e non se detectan errossignificativos
A información proporcionada é correcta, ampla e orixinal.
 
Requisitos
Non responde satisfactoriamente a máis ca unha das cuestións formuladas
Responde a tódalas cuestións formuladas agás unha
Tódolas cuestións foron respondidas
Respondeu axeitadamente a tódalas cuestións e excedeu as demandas
 
Organización
A organización non foi clara ou incorre en incoherencias
A meirande parte da información e coherente pero non sempre clara
A organización e clara e coherente
A organización é clara, coherente e orixinal
 
Recursos
Os recursos son moi escasos e proceden todos da mesma fonte. Non hai atribucións
Os recursos son escasos e proceden de varias fontes. Non hai atribucións ou son incorrectas
Os recursos son suficientes, proceden de varias fontes e as atribucións son case sempre correctas
Os recursos son numerosos, proceden de varias fontes e as atribucións son sempre correctas
 
  • Rúbrica sobre a presentación do traballo (pondera un 30%): 
VALORACIÓN
(Puntaxe)
Deficiente
(1)
Aceptable
(2)
Correcto
(3)
Excelente
(4)
TOTAL
Contido
Non semellan entender moi ben os contidos traballados
Demostran entender parcialmente os contidos do traballo
Demostran entender ben os contidos traballados
Demostra un completo entendemento dos contidos traballados
 
Comprensión
Non poden contestar ás preguntas formuladas polos seus compañeiros
Poden contestar algunhas das preguntas formuladas polos seus compañeiros
Poden contestar con precisión a maioría das preguntas formuladas polos seus compañeiros
Pode contestar tódalas cuestións formuladas polos seus compañeiros
 
Medios
Só se utiliza a exposicion oral ou os medios escollidos restan valor á presentación
Os medios escollidos para a exposición oral acompañan a presentación
Os medios escollidosmelloran a presentación
Os medios escollidos amosan un notable traballo e orixinalidade e atraen a atención sobre a presentación
 
  • Rúbrica para a coavaliación do labor de equipo. Cada membro do grupo cualificará o labor dos seus compañeir@s (pondera o 20%)
VALORACIÓN
(puntaxe)
Nunca
[1]
Ás veces
[2]
Frecuentemente
[3]
Sempre
[4]
TOTAL
Cómpre co traballo encomendado e nos prazos acordados

    
Debate con argumentos os seus puntos de vista.
     
Escoita con atención aos seus compañeiros

    
Expresa as súas dúbidas ao grupo
 
   
Aporta ideas para a comprensión das cuestións abordadas
     
Acepta as críticas ao seu traballo

    
  • Rúbrica para a autoavaliación (pondera o 10%).
VALORACIÓN
(puntaxe)
Nunca
(0)
Ás veces
(1)
Frecuentemente
(2)
Sempre
(3)
TOTAL
Cumprín co traballo encomendado e nos prazos acordados

    
Tiven boa comunicación cos meus compañeiros


    
Escoitei e respectei as críticas dos meus compañeiros
 
   
Expresei as miñas dúbidas ao grupo


    
Defendín con argumentos os meus puntos de vista
    

domingo, 19 de abril de 2015

Como crear un blog en blogger

Unha vez que teñas creada a tua conta de gmail xa estás en condición de ter os vosos propios blogues. Aquí déixoche uns titoriais de blogger que che pode resultar de utilidade: