miércoles, 3 de junio de 2015
martes, 26 de mayo de 2015
Unha ligazón hispano-británica na época romana: A Legio IX Hispana
Entre as unidades romanas que participaron na conquista e pacificación de Britania e na construción do muro de Hadrián xogou un papel sobranceiro a Legio IX Hispana. Durante moito tempo, a inexistencia de pegadas arqueolóxicas deu pé a lendas sobre a súa desaparición (destrución) a mans dos pobos do norte da illa (pictos, escotos).
Información sobre a historia desta lexión podes atopala en:
Información sobre a historia desta lexión podes atopala en:
- Wikipedia.
- Xornal ABC.
- Historia clásica.
- Livius.org: http://www.livius.org/legion/legio-viiii-hispana/.
- BBC: York-spanish conection.
A presunta aniquilación da Legio IX Hispana deu orixe a relatos literarios, entre os que destaca a novela xuvenil The Eagle of the Ninth, de Rosemary Sutcliff (1954), na que se baseou o filme A lexión da aguia, dirixida por Kevin Macdonald no ano 2011. Podes ver aquí o seu trailer:
martes, 12 de mayo de 2015
Mapas históricos: Roma antiga
martes, 5 de mayo de 2015
Algúns recursos e ferramentas de utilidade.
Sobre o exército romano, podedes consultar imnformación detellada nestes enderezos:
ou http://www.imperivm.org/articulos/nombres-romanos.html
Sobre o seu calendario: http://centros5.pntic.mec.es/ies.lucia.de.medrano/CBG/calendario_romano.htm
- Proxecto Palladium :http://recursos.cnice.mec.es/latingriego/Palladium/cclasica/esc338ca1.php
- Geacron, Atlas Histórico Mundial y cronologías desde 3000 a.C.: http://geacron.com/home-es/?lang=es
- Unha excelente gúia sobre as calzadas romanas: http://omnesviae.org/Ruta feita coa aplicación anterior: http://omnesviae.org/#!iter_Vindomora_OVPlace72
- Outra: http://orbis.stanford.edu/ (poida que complexa de máis).
- Localidades e monumentos romanos: http://vici.org/
ou http://www.imperivm.org/articulos/nombres-romanos.html
Sobre o seu calendario: http://centros5.pntic.mec.es/ies.lucia.de.medrano/CBG/calendario_romano.htm
jueves, 30 de abril de 2015
Avaliación dot traballo: criterios de cualificación
Criterios de avaliación.
-Situar espacial e temporalmente os acontecementos máis importantes da historia de Roma, Hispania e a Gallaecia antigas.
-Distinguir os principais trazos da sociedade, a economía e a organización política romanas.
-Situar temporalmente o comezo e a fin do domino romano en Hispania no marco da evolución global do Imperio.
-Localizar espacialmente os principais pobos prerromanos e describir as relacións que estableceron co Imperio.
-Sintetizar os trazos e compoñentes básicos do proceso de romanización.
Criterios de cualificación: rúbricas.
O proceso de elaboración do proxecto e o produto resultante aportará 2 puntos (o 20%) da cualificación deste terceiro tirmestre. Avaliarase tanto o produto resultante do traballo en grupo como a contribución individual dos seus diferentes compoentes. Xa que logo, cumpirá dispoñer de instrumentos -rúbricas- de avaliación, coavaliación e autoavaliación
- Rúbrica sobre o contido do traballo (pondera un 40%)
VALORACIÓN
(Puntaxe)
|
Deficiente
(1)
|
Aceptable
(2)
|
Correcto
(3)
|
Excelente
(4)
|
TOTAL
|
Contido
|
O contido é minimo e inclúe numerosos erros graves na narración
|
A narración contén a información esencial pero incorre nalgúns erros
|
A narración inclúe información básica e non se detectan errossignificativos
|
A información proporcionada é correcta, ampla e orixinal.
| |
Requisitos
|
Non responde satisfactoriamente a máis ca unha das cuestións formuladas
|
Responde a tódalas cuestións formuladas agás unha
|
Tódolas cuestións foron respondidas
|
Respondeu axeitadamente a tódalas cuestións e excedeu as demandas
| |
Organización
|
A organización non foi clara ou incorre en incoherencias
|
A meirande parte da información e coherente pero non sempre clara
|
A organización e clara e coherente
|
A organización é clara, coherente e orixinal
| |
Recursos
|
Os recursos son moi escasos e proceden todos da mesma fonte. Non hai atribucións
|
Os recursos son escasos e proceden de varias fontes. Non hai atribucións ou son incorrectas
|
Os recursos son suficientes, proceden de varias fontes e as atribucións son case sempre correctas
|
Os recursos son numerosos, proceden de varias fontes e as atribucións son sempre correctas
|
- Rúbrica sobre a presentación do traballo (pondera un 30%):
VALORACIÓN
(Puntaxe)
|
Deficiente
(1)
|
Aceptable
(2)
|
Correcto
(3)
|
Excelente
(4)
|
TOTAL
|
Contido
|
Non semellan entender moi ben os contidos traballados
|
Demostran entender parcialmente os contidos do traballo
|
Demostran entender ben os contidos traballados
|
Demostra un completo entendemento dos contidos traballados
| |
Comprensión
|
Non poden contestar ás preguntas formuladas polos seus compañeiros
|
Poden contestar algunhas das preguntas formuladas polos seus compañeiros
|
Poden contestar con precisión a maioría das preguntas formuladas polos seus compañeiros
|
Pode contestar tódalas cuestións formuladas polos seus compañeiros
| |
Medios
|
Só se utiliza a exposicion oral ou os medios escollidos restan valor á presentación
|
Os medios escollidos para a exposición oral acompañan a presentación
|
Os medios escollidosmelloran a presentación
|
Os medios escollidos amosan un notable traballo e orixinalidade e atraen a atención sobre a presentación
|
- Rúbrica para a coavaliación do labor de equipo. Cada membro do grupo cualificará o labor dos seus compañeir@s (pondera o 20%)
VALORACIÓN
(puntaxe)
|
Nunca
[1]
|
Ás veces
[2]
|
Frecuentemente
[3]
|
Sempre
[4]
|
TOTAL
|
Cómpre co traballo encomendado e nos prazos acordados
| |||||
Debate con argumentos os seus puntos de vista.
| |||||
Escoita con atención aos seus compañeiros
| |||||
Expresa as súas dúbidas ao grupo
| |||||
Aporta ideas para a comprensión das cuestións abordadas
| |||||
Acepta as críticas ao seu traballo
|
- Rúbrica para a autoavaliación (pondera o 10%).
VALORACIÓN
(puntaxe) |
Nunca
(0)
|
Ás veces
(1)
|
Frecuentemente
(2)
|
Sempre
(3)
|
TOTAL
|
Cumprín co traballo encomendado e nos prazos acordados
| |||||
Tiven boa comunicación cos meus compañeiros
| |||||
Escoitei e respectei as críticas dos meus compañeiros
| |||||
Expresei as miñas dúbidas ao grupo
| |||||
Defendín con argumentos os meus puntos de vista
|
domingo, 19 de abril de 2015
Como crear un blog en blogger
Unha vez que teñas creada a tua conta de gmail xa estás en condición de ter os vosos propios blogues. Aquí déixoche uns titoriais de blogger que che pode resultar de utilidade:
jueves, 16 de abril de 2015
Lucus Augusti e os lucenses
Para achegarte á historia da cidade romana de Lucus Augusti podes botar unha ollada a estes dous videos:
Debes ter en conta, ademais, que a nova cidade de Lucus Augusti foi fundada nun territorio ocupada por diversas comunidades, moitas delas habitaban en castros como o de Viladonga.
No espazo galaico, igual que, en xeral, no hispano, non atopamos documentos escritos semellantes aos achados en Vindolanda. Tódolos textos de que dispoñemos son de carácter epigráfico, isto é, inscricións en lápidas funerarias, en aras adicadas a diversas divindades, en miliarios a carón das vías, etc. En xeral, os
textos son moi curtos pero infórmanos sobre os nomes, as
familias, a condición social, as crenzas dos habitantes de Lucus Augusti
e o seu contorno. Aquí tedes algúns exemplos:
Epígrafe de Festia Licinia (Museo Provincial de Lugo), cit. en RODRÍGUEZ COLMENERO, A., Lvcvs Avgvsti. A cidade romano-xermánica da Fisterra Ibérica. Xénese e evolución histórica (14 a.C.-711 d.C.), Lugo, Concello de Lugo-SMA, 2011, p. 70.
Consagración aos Deuses Manes.
Marco Aurelio faille fai esta dedicatoria á súa queridísima esposa Festia Licinia, orixinaria da Coelernia e morta aos 30 anos de idade para que ti lle poidas dicir: que a terra che sexa leve.
Epitafio de Xulio Rufino Leoncio (Museo Provincial de Lugo, cit en RODRÍGUEZ COLMENERO, A., op. cit., p. 65.
Consagración aos Deuses Manes.
Erixen este epitafio ao seu fillo piadosísimo Iulius Rufinus Leontius, extabulario e cidadan asturicense, morto aos 27 anos, seu pai Rufonius Rufinus e as súa nai Rufia Paterna.
Epígrafe de Festia Licinia (Museo Provincial de Lugo), cit. en RODRÍGUEZ COLMENERO, A., Lvcvs Avgvsti. A cidade romano-xermánica da Fisterra Ibérica. Xénese e evolución histórica (14 a.C.-711 d.C.), Lugo, Concello de Lugo-SMA, 2011, p. 70.
Consagración aos Deuses Manes.
Marco Aurelio faille fai esta dedicatoria á súa queridísima esposa Festia Licinia, orixinaria da Coelernia e morta aos 30 anos de idade para que ti lle poidas dicir: que a terra che sexa leve.
Epitafio de Xulio Rufino Leoncio (Museo Provincial de Lugo, cit en RODRÍGUEZ COLMENERO, A., op. cit., p. 65.
Consagración aos Deuses Manes.
Erixen este epitafio ao seu fillo piadosísimo Iulius Rufinus Leontius, extabulario e cidadan asturicense, morto aos 27 anos, seu pai Rufonius Rufinus e as súa nai Rufia Paterna.
Estela funeraria do Museo Provincial de Lugo | , CC-BY-SA DivesGallaecia via FLICKR.COM. |
martes, 14 de abril de 2015
As taboíñas de Vindolanda.
ATRIBUCIÓN: "Roman writing tablet 02" by Michel wal (travail personnel (own work)). CC BY-SA 3.0 via Wikimedia Commons |
As cartas están feitas sobre finas láminas de madeira (1-3 mm.) de bidueiro, ameneiro ou carballo. En xeral, o seu tamaño é semellante ao dunha tarxeta postal actual. Cando os documentos eran máis longos atábanse varias taboiñas a través dun burato perforado na marxe. Os textos foron manuscritos cunha tinta fabricada a base de carbón.
Diversas razóns explican a importancia outorgada a estes documentos dende os primeiros descubrimentos en 1973. Por unha banda, trátase dun conxunto de manuscritos excepcional nas rexións occidentais do Imperio Romano, onde a inmensa maioría da documentación escrita é de carácter epigráfico (inscricións). Só nas terras orientais do Imperio (Exipto, Siria) se poden atopar algúns conxuntos manuscritos e semellante relevancia realizados -iso si- sobre papiro. Por outra banda, o seu valor deriva do seu mesmo contido. Boa parte delas son documentos oficiais da gornición (informes, recontos de homes e material, peticións). Pero tamén hai cartas de carácter persoal que nos falan da vida cotiá dos soldados e civís residentes no interior do castrum. Por último, cómpre destacar que os remitentes e destinatarios destas cartas son moi numerosos e que a caligrafía é moi diversa. Non se recorreu, polo tanto, a un escribáns especialistas para a súa realización. Pódese deducir -con tódalas cautelas- que o nivel de alfabetización no exército romano era bastante elevado, aínda máis se consideramos que Vindolanda era unha gornición afastada no norte de Britania que servía de base a unidades auxiliares.
Véxamos algúns exemplos:
------------------------------
18 de maio.
Número total de compoñentes da 1ª Cohorte dos Tungrios, baixo o mando do prefecto Iulius Verecundus, 752, incluíndo 6 centurións.
Deles estan ausentes: 46 gardas do gobernador en Londinium [Londres]; 337, incluíndo 2 centurións, en Coria baixo o mando de Ferox; 1 centurión en Londinium [...]. Total de ausentes: 456, incluíndo 5 centurións.
Permanecen na gornición actualmente 296 homes, incluíndo un centurión. Destes, 31 non son aptos para o servizo: 15 enfermos, 6 feridos, 10 que sofre inflamación dos ollos. Restan dispoñibles para o servizo 265 homes, incluíndo 1 centurión.
------------------------------
Os brítanos non levan armadura para protexerse. Hai moitos xinetes pero non usan espadas. Os desgraciados brítanos tampouco montan para lanzar xavelinas.
------------------------------
Como corresponde a un home honrado, rógovos que non permitades que eu, un home iocente, sexa azoutado con varas, señor. Non puiden reclamar ao prefecto porque este se retrasou por mor da enfermidade e queixeime sen resultado ante o seu axudante principal e o resto dos centurións da unidade. Por todo isto, rogo da vosa misericordia que non permitades que eu, un home estranxeiro e inocente, cun bo nome sobre o que podedes informarvos, sexa azoutado con varas como se cometese algún crime.
------------------------------
Claudia Severa á súa querida Lepidina. Saúdos
Irmá, mándoche para o 11 de setembro, día no que celebraremos o meu aniversario, un cálido convite para asegurar que ti virás pasalo connosco. A túa presenza fará que este día sexa máis gozoso para mín.
Dálle recordos ao teu Cerialis. O meu Aelius e o meu fillo pequeno mándanlle temén os seus saúdos. Agardamos por ti, irmá.
Ata a vista, irmá, a miña máis querida alma. Cos meus mellores desexos.
Para Sulpicia Lepidina, muller de Ceriales, de Severa.
------------------------------
Mándoche dous pares de calcetíns dende Sattua, dous pares de sandalias e dous pares de calzóns [...] Tetricus e tódolos teus compañeiros piden comigo que teñas na túa vida a mellor das fortunas.
------------------------------
Severus ao seu Candidus, saúdos.
En relación aos … para celebración da Saturnalia [festividade que tiña lugar a mediados de decembro], pídoche, irmán que mires por eles a unprezo de 4 ou 5 ases [moeda romana de cobre] e por rábanos por unha contía de non menos de medio denario [moeda romana de prata].
Adeus, irmán.
A Candidus, ecravo do prefecto Genialis, de Severus, escravo de...
------------------------------
Podedes ver tódalas taboíñas de Vindolanda e a súa tradución (lamentablemente só ao inglés) neste enderezo:http://vindolanda.csad.ox.ac.uk/index.shtml
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Neste vídeo do CANAL HISTORIA sobre o muro de Hadrián podes atopar máis información sobre Vindolanda, as súas taboíñas e a Britania romana Dende Vindolanda a Lucus Augusti: presentación do proxecto
Vindolanda era un pequeno castrum (forte) romano do norte de Britania. A súa construción comezara arredor do ano 85 da nosa era a súa gornición tiña como misión controlar a área circundante. Uns corenta anos despois comezou a levantarse o chamado Muro de Hadrián como limes entre a provincia romana e as indomables terras escocesas (Caledonia para os romanos). Aínda que Vindolanda ficou a algunhas millas ao sur do muro, pasou a formar deste sistema defensivo. O forte foi reconstruído en varias ocasións e foi usado polas tropas imperiais ata o remate da dominación romana en Britania, acontecida a comezos do século V. En 1973 descubríronse nas escavacións arqueolóxicas de Vindolanda unhas pequenas e finas taboíñas de madeira manuscritas cunha pluma de cana e tinta elaborada a base de cinza nun máis ca aceptable estado de conservación. Estes documentos teñen unha gran importancia porque son únicos no occidente do Imperio. Noutras áreas do mundo romano (Exipto, Siria) tamén foron atopados manuscritos sobre papiro de características semellantes. As taboíñas de Vindolanda teñen un contido moi heteroxéneo. Inclúen dende documentos oficiais das unidades militares da gornición ata cartas persoais das persoas residentes nel. A maioría delas foi escrita entre os anos 92 e 105 cando o castrum servía de base á 9ª Cohorte Bátava, unha unidade auxiliar recrutada en terras dos actuais Países Baixos, pero tamén pasaron por alí soldados da 1ª Cohorte Tungria, procedente do norte da Galia, e dacabalería hispana.Hipótese de traballo:Con estes datos vouvos formular unha hipótese para un pequeno traballo de investigación: un dos oficiais da cabalería hispana, cidadán romano orixinario de Lucus Augusti, ao que teremos que pór nome, consegue, logo de moitos anos de servizo no exército imperial, licenciarse en Vindolanda. Decide retornar á súa cidade natal e vai escribindo nun diario, que rexistra nunhas taboíñas como as de Vindolanda, as vicisitudes da súa viaxe polas terras do Imperio. Lembrará tamén as súas orixes e as vicisitudes da súa vida castrense.A narración, que debe ter un mínimo rigo histórico, debe responder, alomenos, ás seguintes cuestións:
- Quen era o noso xinete?
- De quen viña sendo?
- Que vicisitudes o agardaban durante a súa viaxe?
- Canto tempo duraría?
- Que medios de transporte podería utilizar?
- Por que lugares pasaría?
- Quen o agardaría á volta?
Organización e produto resultante:
Para a realización do traballo, organizarédesvos en grupos de 3-4 compoñentes. Cada un deles terá que elaborar un produto que responda ás cuestións formuladas. Este poderá ofrecerse en diversas presentacións. Ofrecémosvos tres alternativas:
- Un traballo GOOGLE.MAPS, que nos permita seguir a viaxe do protagonista, vías, localidades, medios de transporte.
- Un caderno de bitácora ou blogue elaborado a xeito de diario de viaxe. A ferramenta blog do portfolio AGUEIRO pode servirvos. Tamén poderedes utilizar outras ferramentas como BLOGGER, WORDPESS, TUMBLR, etc.
- Un taboeiro virtual a xeito de albúm de imaxes e apuntamentos da viaxe. Neste sentido, a web 2.0 ofrece diversas alternativas: PADLET.COM, LINOIT.COM, GLOGSTER.COM para recompilar e intercambiar información e presentar o produto final.
- Non obstante, poderedes utilizar calquera outra opción que consideredes e responda á proposta realizada. Iso sí, deberedes comunicar a vosa intención.
Obxectivos de aprendizaxe:
- Situar cronoloxicamente as principais etapas históricas do Imperio romano e as de Hispania e Gallaecia baixo a súa dominación.
- Identificar as formas de goberno e principais institucións romanas.
- Coñecer os compoñentes e consecuencias do proceso de romanización en Hispania e na Gallaecia.
- Enumerar os principais trazos da sociedade, a economía e a relixión romanas.
- Describir o papel do exército no Imperio romano.
- Obter, interpretar e integrar información procedente de diferentes fontes (escritas, gráficas, audovisuais....)
- Elaborar fichas, esquemas, resumes e pequenas monografías de contido histórico.
- Localizar e analizar os elementos básicos do medio natural e as interaccións entre eles e os grupos humanos.
Reconstrución do Forte de Vindolanda FONTE: http://www.clanjames.com/vindolanda_0001.jpg |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)